Taboada contará de novo co servizo VIDOC para renovar ou expedir o DNI e o pasaporte

RibeiraSacraXa
O servizo regresará ao municipio o luns 14 de setembro para facilitar estes trámites á veciñanza sen necesidade de desprazamentos
dni
31 Aug 2026

O servizo VIDOC regresará a Taboada o próximo luns 14 de setembro para facilitar á veciñanza a expedición e renovación do DNI e do pasaporte.

As persoas que teñan algún destes documentos caducado ou próximo á súa data de caducidade poderán reservar cita poñéndose en contacto co alcalde, Roi Rigueira, ou chamando directamente ao Concello de Taboada.

O servizo retómase unha vez rematado o verán, tal e como estaba previsto, coa finalidade de continuar achegando prestacións e trámites á cidadanía, con independencia do lugar no que resida.

A presenza do VIDOC permitirá así realizar estes trámites no propio municipio, evitando desprazamentos e facilitando o acceso da veciñanza á renovación ou expedición da súa documentación.

0.16303300857544