Novas de Chantada
A CHMS pon en marcha traballos de conservación no río da Ponte de Enviande ao seu paso por Chantada
As actuacións programadas abranguen máis de 1,3 km de cauce e contan cun investimento estimado de 32.000 euros
Chantada moderniza a iluminación das súas pistas de tenis incorporando tecnoloxía LED
A actuación busca mellorar a eficiencia enerxética e a visibilidade nas instalacións municipais do Parque Eloísa Rivadulla
Iago Suárez será o candidato do BNG á Alcaldía de Chantada
Suárez afronta esta designación “con ilusión e con ganas de devolver o BNG ao lugar que lle corresponde na corporación municipal e agradece o apoio da militancia
A Deputación inicia as obras na LU-P-1801 entre Chantada e Os Peares
Os traballos contan cun investimento de máis de 300.000 euros e teñen un prazo de execución de tres meses
O Concello de Chantada urbanizará máis de 2.500 m2 na vila a partir deste verán
As intervencións centraranse nas rúas Concepción Arenal e Ribeira Sacra e permitirán mellorar a mobilidade, ampliar espazos públicos e habilitar novas áreas verdes en dous puntos considerados estratéxicos polo consistorio
Escolares de Chantada participaron nunha charla para previr o acoso escolar
Á sesión asistiron arredor de 100 nenos e nenas, que asistiron a unha charla impartida por Héctor Méndez, garda civil e psicólogo
Chantada acolle unha xornada formativa para impulsar o astroturismo e o seu valor como destino Starlight
Estará dirixida a empresas, emprendedores e persoas vinculadas ao sector turístico, co obxectivo de achegar aos profesionais do sector as posibilidades que ofrece o ceo nocturno como recurso turístico
‘Vendaval’ regresa á Ribeira Sacra como un espazo de encontro co cine portugués
O pase de primavera da Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra desenvolverase entre o 23 e o 31 de maio en distintos espazos dos municipios de Sober, Bóveda, Sarria, Chantada e Monforte
Chantada promove unha charla sobre o acoso escolar dirixida a alumnado de Primaria
A iniciativa estará impartida por Héctor Méndez, gardia civil e psicólogo especializado en formación educativa
A orquestra Panorama actuará en Chantada na III Festa da Xuventude, que incorpora pregón a cargo de Elysoal
Será este venres na rúa Taboada
Sarria acolleu unha reunión de preparación do dispositivo especial pola eclipse solar
A Subdelegación do Goberno reuniu en Sarria aos concellos das comarcas da Ulloa, Chantada, Sarria e Terra de Lemos para coordinar seguridade, tráfico e puntos de observación
Chantada abre a súa programación astroturística cunha xornada sobre o eclipse do 12 de agosto
Será o 28 de abril e requirirá inscrición
A Deputación destina máis de 1 millón de euros para estradas de Negueira de Muñiz, O Vicedo e Chantada
Os investimentos inclúen actuacións en Chantada, O Vicedo, Lugo e Negueira de Muñiz con obras de firme, drenaxe e sinalización
A Biblioteca de Chantada avanza na programación das Letras Galegas 2026
Haberá concursos e actividades para todas as idades
Chantada acollerá en maio dous cursos gratuítos de formación dixital para maiores de 60 anos
As inscricións poderán realizarse ata o día 27
A XV Carreira Popular de Chantada “10km no corazón” celebrarase o 9 de maio
As inscricións para todas as categorías permanecerán abertas ata o mércores 6 de maio
Candidaturas municipalistas das catro provincias reuniranse en Chantada para avanzar nun novo poxecto eletoral
Agora Galicia constitúese como espazo de encontro de candidaturas municipalistas galegas co obxectivo de seguir medrando como cuarto espazo político
O BNG pide á Xunta e ao Concello de Chantada explicacións ante o proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras
O deputado nacionalista e responsable local en Chantada, Iago Suárez, advirte da “preocupación e inquietude” que o proxecto xera entre as filas nacionalistas e a veciñanza
A CHMS inicia os traballos de reparación dos danos causados polos temporais de xaneiro no paseo fluvial do río Asma
As actuacións, contan cun investimento de máis de 470.000 euros
A Xunta pide unidade no Congreso para lograr a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco
Durante un encontro en Madrid, o responsable de Cultura pediu “involucrar a todas as forzas políticas con representación na Cámara” para apoiar unha candidatura que presentou como un “proxecto de país”




