Novas de Chantada
Por Chantada lamenta o rexeitamento da súa moción para impulsar políticas municipais de inclusión
A formación asegura que buscou un acordo unánime con medidas de mínimos e critica o ton empregado polo goberno local durante o debate plenario
Os Campamentos de Verán de Chantada pechan edición tras reunir a 250 nenos e nenas
A iniciativa gratuíta da Concellería de Igualdade combinou lecer, deporte e actividades educativas para favorecer a conciliación familiar
O Goberno autoriza unha nova modificación das obras da A-54 e amplía o investimento na futura estación de Lugo
Aprobouse tamén a declaración de urxente ocupación dos terreos, bens e dereitos afectados polo proxecto de ampliación dun sendeiro fluvial na marxe esquerda do río Asma, en Chantada
Chantada impulsa a creación dunha gran zona verde entre as rúas Emilia Pardo Bazán e Ribeira Sacra
A actuación, que se executará por fases, mellorará os accesos, a seguridade viaria e permitirá habilitar un novo espazo de lecer de ata 2.000 metros cadrados
O campo municipal do Sangoñedo estrea novo alumeado
O Concello de Chantada investiu preto de 15.000 euros na instalación de novos proxectores LED para incrementar a visibilidade e a eficiencia enerxética da instalación deportiva
Por Chantada reclama á Xunta explicacións pola solta dun voitre no Monte Faro pola presenza de eólicos na zona
A formación solicita que se fagan públicos os informes técnicos sobre a actuación e pide coñecer os criterios que levaron a elixir este emprazamento, próximo a parques eólicos
Chantada volverá contar este verán cun servizo gratuíto de lanzadeiras á Praia da Cova con parada en Portotide
O transporte funcionará do 18 de xullo ao 6 de setembro, os venres, sábados e domingos, para facilitar o acceso aos principais recursos turísticos e evitar problemas de aparcamento
Máis de cen pilotos daranse cita esta fin de semana na I Subida Ribeira Sacra de Chantada
A histórica Subida a Chantada, con máis de medio século de traxectoria, inicia unha nova etapa baixo a organización de Chantada RS Motorsport e a Escudería Valdeorras
A CHMS actuará en 18 quilómetros de leitos fluviais de ríos do centro e sur da provincia
Os traballos continuarán nos municipios de Castroverde, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Cospeito, Chantada e Rábade
O Verán Cultural 2026 chega a Chantada con teatro, música, cine, circo e actividades familiares
A programación comeza este mércores e estenderase ata finais de agosto
Chantada acolle dúas xornadas formativas centradas no relevo xeracional e na economía social
A Fundación Acción contra a Fame organiza os días 6 e 7 de xullo actividades dirixidas a persoas emprendedoras, empresas e negocios familiares interesadas no futuro económico do territorio
Por Chantada-IGV levará ao pleno unha moción para impulsar medidas de inclusión da poboación migrante
A proposta inclúe a creación dunha Mesa Local pola Inclusión, un plan municipal específico e accións en ámbitos como a lingua, a convivencia ou o deporte.
Chantada acollerá unha xornada sobre Economía Social centrada no relevo xeracional e o acceso á vivenda no rural
A iniciativa da Fundación Acción contra a Fame incluirá unha charla e un obradoiro práctico dirixidos a persoas emprendedoras, persoal técnico e público interesado
Máis de 600 persoas participaron na III Festa Interxeracional de Chantada
A celebración reuniu familias de varias xeracións cun programa que combinou actos relixiosos, xantar popular e actividades festivas
Arredor de 400 persoas participarán este sábado no V Trail Heroica Sacra
A proba celebrarase este sábado con diferentes distancias e modalidades e o prazo de inscrición remata este mércores
As Piscinas Municipais de Chantada abrirán este sábado con entrada gratuíta
As instalacións manterán actividade ata o 15 de setembro e contarán con horarios diferenciados segundo a tempada
A Praia Fluvial do Sangoñedo prepárase para a tempada de verán
O Concello de Chantada realiza labores de acondicionamento e mantemento na zona de baño e espazos anexos
Por Chantada critica o rexeitamento do PP á protección do Corpo Santo como Ben de Interese Cultural
A formación considera contraditorio defender a candidatura da Ribeira Sacra mentres se rexeitan iniciativas para preservar o patrimonio local
O CIM de Chantada cumpre 25 anos atendendo cada ano a máis dun cento de mulleres en situación de vulnerabilidade
O servizo municipal, renovado polo Concello para Chantada, Taboada e Carballedo, ofrece atención xurídica e psicolóxica gratuíta e reforza a súa labor en igualdade e prevención da violencia de xénero
Agroma Sober reclama un plan para mellorar as infraestruturas viarias e a sinalización turística no municipio
Esixen actuacións inmediatas sobre o estado das estradas, a xestión dos fluxos turísticos e a sinalización, co obxectivo de mellorar a vida da veciñanza e potenciar un modelo turístico sostible de alto valor engadido
Activada a alerta laranxa por fortes chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur lucense
Segundo os datos da AEMET, durante a xornada deste mércores espéranse acumulacións de ata 30 litrosor metro cadrado nun período dunha hora nas áreas afectadas
O BNG de Chantada pide explicacións no Parlamento polos cortes de subministración eléctrica no municipio
A formación nacionalista pide unha investigación, informes técnicos e garantías de indemnización tras dous apagóns en menos dunha semana que sumaron máis de dez horas sen luz
Por Chantada propón un plan para recuperar os muíños e o patrimonio da auga no concello
A iniciativa, que se levará ao pleno, busca inventariar e protexer máis de cen elementos tradicionais ante o seu progresivo abandono
Chantada acolle un curso para impulsar a creación de tintes naturais a partir da paisaxe
A iniciativa ‘Crear cor colleitando a paisaxe’ pon en valor os materiais locais e a conexión entre natureza, artesanía e territorio




