Chantada acollerá este domingo a primeira edición do Ciclocross Concello de Chantada

Chantada acollerá este domingo, 27 de setembro, a primeira edición do Ciclocross Concello de Chantada, unha competición incluída no calendario do Superprestixio Ciclocross 2026-2027.
A proba estará aberta ás categorías infantil, cadete, júnior, sub-23, élite e máster, tanto na modalidade masculina como na feminina. O evento corresponde a unha proba de ciclocross 1.33.5 puntuable para o ranking da Federación Española de Ciclismo (FEC).
A organización correrá a cargo do Chantadino Master Team, coa colaboración do Concello de Chantada.