Novas de Chantada
Dous edificios municipais de Chantada melloran a súa eficiencia enerxética con sistemas de xeotermia
As actuacións, financiadas con fondos europeos, incorporan solo radiante e bombas de calor para cubrir a demanda de ambos os inmobles, un dos cales acollerá proximamente o Centro de Atención Temperá
ADEGA pide unha avaliación ambiental ordinaria para as baterías de Belesar ante a acumulación de proxectos enerxéticos na Ribeira Sacra
A entidade ecoloxista alerta da afección sobre a Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra, as nacentes do río Tarrío e un territorio xa sometido a unha forte concentración de infraestruturas eléctricas
O festival Castañazo Rock cumpre a súa XXI edición en Chantada con dúas xornadas de concertos
A localidade lucense acollerá os días 30 e 31 de outubro unha nova edición do festival, que combina música en directo con propostas culturais e de lecer para todos os públicos
Chantada revalida o selo Ouro de Praias sen Fume por sexto ano consecutivo
A praia fluvial do Sangoñedo mantén un ano máis o seu distintivo como espazo libre de fume
O BNG leva ao Parlamento o estado da Ponte do Seixo de Chantada
A formación rexistra varias iniciativas para reclamar o arranxo urxente desta infraestrutura histórica do século XVIII e un estudo sobre a orixe dos desperfectos detectados nos últimos días
Por Chantada - Interior Galego Vivo presenta alegacións contra un novo parque eólico por non avaliar o seu impacto acumulado na comarca
O expediente, que inclúe seis aeroxeradores e unha nova subestación, súmase a unha intensa concentración de infraestruturas enerxéticas na zona, o que esixe valorar os seus efectos conxuntos sobre poboación, agricultura, paisaxe, augas e biodiversidade
A Casa da Música de Chantada abre a matrícula do curso 2026-2027 cunha nova especialidade de DJ e sonorización de eventos
A entidade musical do concello pon en marcha o proceso de inscrición para o vindeiro curso, cun número limitado de prazas e distintas vías para formalizar a matrícula
Destinados mais de 36.000 euros a AFA Chantada para a inclusión e o apoio psicolóxico de mulleres coidadoras
Unha convocatoria de axudas autonómica respalda o desenvolvemento de programas de integración social e laboral destinados a este colectivo
A Deputación mellora a estrada entre Chantada e Carballedo por Santa Uxía e Cartelos
Os traballos na LU-P-1807 comezaron coa limpeza das cunetas e continuarán coa mellora da drenaxe e o acondicionamento do firme ata o punto quilométrico 9,4
A CHMS remata as obras de mellora do pantalán de Pincelo
A infraestrutura, que será cedida ao Concello de Chantada, é o primeiro dos catro pantalanes públicos de tamaño medio que o organismo de conca prevé poñer en funcionamento no encoro dos Peares
Budiño leva este sábado a Chantada o seu espectáculo “Branca Vela”
O concerto terá lugar este venres, 28 de agosto, na Praza de Galicia
O paseo fluvial do río Asma en Chantada reabrirá ao público o venres tras as obras de emerxencia
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil rematou as obras declaradas de emerxencia polo Consello de Ministros para reparar os desperfectos causados polas borrascas do pasado inverno, cun investimento de 463.000 euros
O Palma Futsal golea 6-1 á selección indonesia no partido que pechou o Torneo Terras do Asma en Chantada
O pavillón municipal de Chantada rexistrou un cheo total para presenciar o duelo entre o conxunto balear e a selección asiática, dirixida polo técnico local Héctor Souto
Chantada comeza este xoves cinco días de Festas Patronais en honra á Virxe do Carme
O Concello despraga cinco xornadas de música, tradición e actos familiares, con citas destacadas como o Folión de Carros, o Certame de Bandas ou a Festa da Empanada
Chantada comeza as súas Festas Patronais cunha programación que combina tradición, cultura e música
Entre os actos centrais figuran o Folión de Carros, previsto para o sábado 22 de agosto, o XXXV Certame de Bandas de Música de Chantada e a Festa da Empanada
Vendaval regresa á Ribeira Sacra coa historia e o territorio como eixo central
A terceira edición da Mostra de Cinema Portugués propón seis días de proxeccións, encontros con cineastas, coloquios, formación e actividades musicais en diferentes espazos da comarca
Lugo participará nas primeiras Olimpíadas de Envellecemento Saudable en Chantada
A iniciativa celebrarase o 19 de setembro e combinará probas deportivas e cognitivas, sendeirismo, convivencia e actividades interxeracionais ao longo de toda a xornada
Eventos
Chantada proxecta 'Decorado', de Alberto Vázquez, no cine de verán ao aire libre da Praza do Cantón
O Concello proxecta este venres, dentro da programación de Verán Cultural 2026, a longametraxe de animación, con entrada de balde, a partir das 22.00 horas.
Chantada terá servizo de ITV móbil para ciclomotores o 9 de setembro
O Concello de Chantada acollerá a unidade móbil de inspección técnica de vehículos para ciclomotores no Mercado Gandeiro, con servizo de mañá e tarde e cita previa obrigatoria
Chantada sinala os seus mellores recunchos para contemplar a eclipse solar do 12 de agosto
O Concello desvela os miradoiros recomendados no municipio e repasa as precaucións imprescindibles para gozar do fenómeno sen riscos
O proxecto do parque eólico Monte Cabeza II entra en fase de información pública
A iniciativa promovida por Galicia Vento afecta a Antas de Ulla, Chantada, Rodeiro e Agolada e abre un prazo de 30 días para presentar alegacións
'Decorado', gañadora do Goya á mellor película de animación, proxectarase en Chantada como antesala da Mostra Vendaval
O filme poderá verse de balde o 14 de agosto dentro do ciclo Cine no Cantón, mentres que a terceira edición do festival celebrarase do 25 ao 30 de agosto con proxeccións, concertos, coloquios e actividades na Ribeira Sacra
Chantada acollerá a I Olimpíada de Envellecemento Saudable para promover a participación activa das persoas maiores
A iniciativa reunirá actividades orientadas a poñer en valor as capacidades da poboación sénior e fomentar a convivencia interxeracional
A Ribeira Sacra contará con novos pantaláns públicos e melloras nas infraestruturas de atraque
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e catro concellos lucenses asinan un acordo para avanzar na ordenación da navegación e potenciar un turismo sostible









