Xurxo Ayán presentará en Chantada o undécimo tomo da revista 'Alicerces'

LugoXa | RibeiraSacraXa
A publicación, editada pola Irmandade Cultural País do Faro, recolle estudos sobre o territorio do Miño Medio e darase a coñecer o sábado no Auditorio Municipal
Alicerces
2 Nov 2026

O arqueólogo e investigador lucense Xurxo Ayán será o encargado de conducir a presentación de 'Alicerces. Revista de estudos do Miño Medio. Tomo XI', o vindeiro sábado 7 de setembro, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal de Chantada.

Ayán, que tamén participa como colaborador neste novo número, acompañará o acto de presentación dunha publicación editada pola Irmandade Cultural País do Faro e dedicada á investigación e divulgación do patrimonio e da realidade histórica e cultural do territorio do Miño Medio.

A cita contará coa presenza de representantes institucionais do Concello de Chantada e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, entidades que colaboran na edición da revista.

0.20461201667786