Novas de Chantada
'Decorado', gañadora do Goya á mellor película de animación, proxectarase en Chantada como antesala da Mostra Vendaval
O filme poderá verse de balde o 14 de agosto dentro do ciclo Cine no Cantón, mentres que a terceira edición do festival celebrarase do 25 ao 30 de agosto con proxeccións, concertos, coloquios e actividades na Ribeira Sacra
Chantada programa novas actividades de astroturismo e unha charla sobre a eclipse solar de agosto
O astrofísico Borja Tosar e a optometrista Teresa Feás participarán nun encontro divulgativo gratuíto no Auditorio Municipal
Por Chantada presenta alegacións contra o préstamo de máis de 4,1 millóns de euros aprobado inicialmente polo PP
A formación cuestiona a legalidade do expediente e advirte de que a operación elevará a débeda municipal por habitante por riba dos 600 euros
Chantada aplica un tratamento innovador para frear a seca dos amieiros do Paseo Fluvial do Asma
O Concello actúa sobre preto de 200 árbores afectadas por síntomas de fitóftora co obxectivo de preservar este espazo natural e reducir riscos para a veciñanza
Interior Galego Vivo renova a súa dirección e aproba unha folla de ruta municipal de cara a 2027
A formación, integrada na coalición Agora Galicia, aposta por reforzar a súa presenza institucional e afrontar desafíos como o despoboamento, os incendios forestais e a desigualdade social
Chantada impulsa a creación dunha gran zona verde entre as rúas Emilia Pardo Bazán e Ribeira Sacra
A actuación, que se executará por fases, mellorará os accesos, a seguridade viaria e permitirá habilitar un novo espazo de lecer de ata 2.000 metros cadrados
Acción Contra a Fame lanza unha iniciativa para facilitar o relevo xeracional de negocios en Quiroga, Chantada e Sarria
A campaña busca conectar empresas que precisan continuidade con persoas emprendedoras interesadas en adquirir ou xestionar actividades xa en funcionamento
Chantada reunirá en agosto á selección de Indonesia e a dous equipos da elite española no I Torneo Terras do Asma
O Parrulo Ferrol e Palma Futsal medirán as súas forzas co combinado asiático nunha cita impulsada polo seleccionador indonesio, o chantadino Héctor Souto
Nace a asociación Pola Defensa do Territorio para promover a protección do rural galego
A nova entidade, presentada en Chantada, centrará a súa actividade na defensa do territorio e aposta por un modelo de desenvolvemento e transición enerxética compatible coa permanencia da poboación no medio rural
Por Chantada reclama á Xunta explicacións pola solta dun voitre no Monte Faro pola presenza de eólicos na zona
A formación solicita que se fagan públicos os informes técnicos sobre a actuación e pide coñecer os criterios que levaron a elixir este emprazamento, próximo a parques eólicos
Chantada organiza unha nova actividade de astroturismo tras o éxito da primeira sesión
A proposta celebrarase o 19 de xullo e forma parte da programación estival de guiado e observación estelar organizada polo Concello
Unha nova asociación centrada na defensa do territorio presentarase o 12 de xullo en Chantada
A entidade, denominada 'Pola Defensa do Territorio', nace con ámbito autonómico e sitúa entre as súas principais preocupacións os proxectos enerxéticos previstos na comarca
Chantada foi o escenario da presentación do libro gañador do XVIII Certame de Investigación Condado de Pallares
A obra de Mª Ángeles Verea Castelo aborda a explotación e transformación da arxila nas terras do Condado de Pallares desde o século XIX
Chantada acolle dúas xornadas formativas centradas no relevo xeracional e na economía social
A Fundación Acción contra a Fame organiza os días 6 e 7 de xullo actividades dirixidas a persoas emprendedoras, empresas e negocios familiares interesadas no futuro económico do territorio
Chantada acolle a presentación do libro gañador do XVIII Certame de Investigación Condado de Pallares
A Casa da Cultura recibirá este 3 de xullo a obra de Mª Ángeles Verea Castelo, mentres continúa aberta a XX convocatoria do certame con prazo ata o 30 de setembro
O Concello de Chantada levará acabo renovación integral do firme na para corrixir os danos polo tráfico
As actuacións executaranse unha vez remate o verán para evitar afeccións nun dos puntos con maior circulación da vila
Por Chantada-IGV levará ao pleno unha moción para impulsar medidas de inclusión da poboación migrante
A proposta inclúe a creación dunha Mesa Local pola Inclusión, un plan municipal específico e accións en ámbitos como a lingua, a convivencia ou o deporte.
Máis de 600 persoas participaron na III Festa Interxeracional de Chantada
A celebración reuniu familias de varias xeracións cun programa que combinou actos relixiosos, xantar popular e actividades festivas
Arredor de 400 persoas participarán este sábado no V Trail Heroica Sacra
A proba celebrarase este sábado con diferentes distancias e modalidades e o prazo de inscrición remata este mércores
As Piscinas Municipais de Chantada abrirán este sábado con entrada gratuíta
As instalacións manterán actividade ata o 15 de setembro e contarán con horarios diferenciados segundo a tempada
Chantada celebra esta noite un San Xoán participativo na Alameda con sardiñas, fogueira e música en directo
A Asociación de Veciños da Alameda de Chantada convida a veciñanza a achegarse e gozar dunha noite de festa e tradición
Por Chantada critica o rexeitamento do PP á protección do Corpo Santo como Ben de Interese Cultural
A formación considera contraditorio defender a candidatura da Ribeira Sacra mentres se rexeitan iniciativas para preservar o patrimonio local
O CIM de Chantada cumpre 25 anos atendendo cada ano a máis dun cento de mulleres en situación de vulnerabilidade
O servizo municipal, renovado polo Concello para Chantada, Taboada e Carballedo, ofrece atención xurídica e psicolóxica gratuíta e reforza a súa labor en igualdade e prevención da violencia de xénero
Organizan en Chantada un faladoiro sobre mulleres referentes do sector artístico e cultural da Ribeira Sacra
O encontro reunirá experiencias de creadoras e iniciativas culturais femininas no Auditorio Municipal, no marco dun proxecto de dinamización e emprego inclusivo no rural




