Chantada celebra esta noite un San Xoán participativo na Alameda con sardiñas, fogueira e música en directo

RibeiraSacraXa
A Asociación de Veciños da Alameda de Chantada convida a veciñanza a achegarse e gozar dunha noite de festa e tradición
san-xoan-alameda-chantada
23 Jun 2026

A Asociación de Veciños da Alameda organiza, como cada ano, a celebración do San Xoán participativo na noite do martes 23 de xuño, cun programa que combinará gastronomía, música e a tradicional fogueira.

A partir das 21:00 horas, as persoas asistentes poderán gozar de sardiñas e doutros produtos nun espazo habilitado para a cea, no que tamén será posible levar a propia comida ou adquirila directamente aos organizadores.

A xornada contará ademais con música en directo a cargo de Dnoche Orquesta e #DakidoAsma, nunha noite festiva pensada para a convivencia veciñal e a celebración da tradición do San Xoán, coa habitual fogueira como elemento central da velada.

0.12550806999207