As Piscinas Municipais de Chantada abrirán este sábado con entrada gratuíta

RibeiraSacraXa
As instalacións manterán actividade ata o 15 de setembro e contarán con horarios diferenciados segundo a tempada
piscinas-municipais-chantada-2
25 Jun 2026

As Piscinas Municipais de Chantada abrirán ao público este sábado 27 de xuño e permanecerán en funcionamento ata o 15 de setembro. As instalacións están situadas na rúa Serra do Faro, xunto ás piscinas climatizadas, e contan cunha piscina para persoas adultas e outra de menor tamaño para nenos e nenas, ademais de amplas zonas verdes e espazo de estacionamento. A entrada será gratuíta durante toda a tempada.

No que respecta aos horarios, durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, o horario será de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:30 horas. Os sábados, domingos e festivos o horario será continuo de 12:00 a 20:00 horas.

Nos meses de xuño e setembro, o horario de luns a venres será de 16:00 a 20:00 horas, mentres que os sábados, domingos e festivos manterase o horario continuo de 12:00 a 20:00 horas.

O Concello informa tamén de que as piscinas contan con persoal cualificado para garantir a seguridade das persoas usuarias e o correcto uso das instalacións.

Ademais, durante o verán, o Concello de Chantada organiza neste espazo diferentes actividades deportivas e de lecer.

0.12767195701599