Organizan en Chantada un faladoiro sobre mulleres referentes do sector artístico e cultural da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
O encontro reunirá experiencias de creadoras e iniciativas culturais femininas no Auditorio Municipal, no marco dun proxecto de dinamización e emprego inclusivo no rural
faladoiro-muleres-rurais-chantada
19 Jun 2026

O Auditorio Municipal de Chantada será o escenario o vindeiro martes 30 de xuño, entre as 19:00 e as 21:00 horas, do faladoiro “Mulleres referentes no sector artístico e cultural da Ribeira Sacra”, unha actividade centrada en dar visibilidade a proxectos liderados por mulleres no ámbito da cultura e da creación artística no territorio.

O encontro está organizado pola Fundación Acción contra el Hambre Galicia, dentro do proxecto “Comunidades de Dinamización e Emprego Inclusivo: Novas Ruralidades”, desenvolvido en colaboración coa Fundación "la Caixa", e ten como obxectivo promover oportunidades de desenvolvemento persoal, profesional e comunitario no medio rural.

Durante a sesión, as participantes compartirán os seus proxectos, a súa traxectoria profesional e a súa visión sobre a situación actual e as oportunidades de desenvolvemento do sector cultural na Ribeira Sacra. Ademais, o faladoiro servirá como espazo de reflexión sobre as particularidades e os retos de emprender sendo muller no medio rural.

A actividade está aberta a todas as persoas interesadas en coñecer iniciativas innovadoras do territorio, intercambiar experiencias e achegar a súa perspectiva sobre o sector artístico e cultural.

A participación é gratuíta, aínda que será necesario realizar inscrición previa para facilitar a organización do espazo. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse a través do formulario de inscrición, así como contactar con Ana no teléfono 648 16 68 48 para máis detalles.

0.09743595123291