O proxecto do parque eólico Monte Cabeza II entra en fase de información pública

GaliciaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa
A iniciativa promovida por Galicia Vento afecta a Antas de Ulla, Chantada, Rodeiro e Agolada e abre un prazo de 30 días para presentar alegacións
IRIXOA parque eólico touriñan
6 Aug 2026

O Concello de Antas de Ulla informou da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da resolución pola que se somete a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción do Parque Eólico Monte Cabeza II, así como o seu Estudo de Impacto Ambiental e as infraestruturas de evacuación asociadas.

O proxecto está promovido pola empresa Galicia Vento, S.L. e afecta aos municipios de Antas de Ulla, Chantada, Rodeiro e Agolada.

A administración local sinala que toda a documentación relacionada coa iniciativa pode consultarse tanto a través dos medios habilitados pola Xunta de Galicia como nas dependencias municipais, incluída a Casa do Concello de Antas de Ulla.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións, observacións ou suxestións sobre o proxecto durante un prazo de 30 días, contado desde o día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Desde o Concello animan á veciñanza a consultar a documentación para coñecer os detalles da actuación e exercer, se o consideran oportuno, os seus dereitos de participación durante o período de exposición pública.

0.13771510124207