Budiño leva este sábado a Chantada o seu espectáculo “Branca Vela”

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
O concerto terá lugar este venres, 28 de agosto, na Praza de Galicia
Imaxe do cantante Budiño
27 Aug 2026

Chantada acollerá este venres, 28 de agosto, a actuación de Budiño, que presentará na Praza de Galicia o seu novo espectáculo, “Branca Vela”. O concerto comezará ás 23.00 horas e terá entrada libre.

“Branca Vela” combina unha potente posta en escena cunha coidada produción audiovisual e un universo sonoro no que a tradición galega dialoga coa vangarda. O espectáculo percorre o camiño musical do artista a través dun repertorio no que a forza da percusión tradicional se mestura coa electrónica orgánica, creando unha proposta intensa e chea de matices.

Budiño, un dos nomes máis innovadores da música galega, mantén nesta nova proposta a súa aposta por combinar a raíz e a experimentación. O concerto permitirá así ao público chantadino gozar en directo dun espectáculo no que tradición e innovación se integran nunha mesma experiencia musical.

A actuación conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

0.15446901321411