A 36ª Mostra de Teatro Maruxa Villanueva chega a Chantada con tres representacións na Praza do Cantón

RibeiraSacraXa
A programación abrirá este luns coa obra “Profesor Bora-Bora”, a cargo do Centro Teatral Faro-Miño
mostra-maruxa-villanueva
17 Aug 2026

O teatro será protagonista durante os vindeiros días en Chantada coa celebración da 36ª Mostra de Teatro Maruxa Villanueva, integrada no programa do Verán Cultural de Chantada 2026. As representacións terán lugar desde este luns 17 ata o mércores 19 de agosto na praza do Cantón, sempre ás 22.00 horas.

A mostra abrirá a programación este luns coa obra “Profesor Bora-Bora”, a cargo do Centro Teatral Faro-Miño, entidade organizadora deste encontro teatral. O martes 18 será a quenda de “Rosalía, a filla do mar”, unha proposta da ACR Pena Furada de Coirós, e o mércores a representación de “Vémonos no banco” porá fin ao festival.

0.12244510650635