Abertas as inscricións para a III Festa Interxeracional de Chantada

RibeiraSacraXa
A celebración terá lugar o vindeiro 27 de xuño
festa-interxeracional-de-chantada
25 May 2026

O Concello de Chantada vén de abrir o prazo para anotarse na III Festa Interxeracional, unha cita que se celebrará o sábado 27 de xuño na nave exterior do Mercado Gandeiro.

O evento contará cun programa que inclúe misa solemne, sesión vermú, cóctel de benvida, xantar popular, sorteo de varias viaxes, entrega de agasallos e unha sesión de baile coa orquestra Sinfonía, configurando unha xornada pensada para todos os públicos.

Os prezos das entradas serán de 15 euros para o público xeral, 8 euros para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, mentres que os menores de 6 anos poderán acceder de forma gratuíta.

As entradas poden retirarse no departamento de Tesourería do edificio do Concello, na recepción de Servizos Sociais (Edificio Multiusos), na Cafetería Manix e no local El Enjambre de Chantada. O aforo será limitado.

Para máis información, as persoas interesadas poden consultar os puntos de venda habilitados ou dirixirse aos servizos municipais.

0.11832094192505