Aberto o prazo para participar nos Cantos de Taberna da Foliada da Sta. Mariña de Chantada

RibeiraSacraXa
A proposta está dirixida a grupos de música tradicional, tabernaria e popular galega, que poderán anotarse até o 10 de xuño
cantos-de-taberna-foliada-de-santa-mariña-chantada
2 Jun 2026

A organización da Foliada da Sta. Mariña de Chantada ten aberto o prazo de inscrición para participar nos Cantos de Taberna 2026, unha das actividades máis destacadas da programación, que terá lugar o venres 3 de xullo na localidade de Chantada.

A proposta está dirixida a grupos de música tradicional, tabernaria e popular galega, que volverán encher as rúas e os locais da vila cun ambiente festivo e itinerante ao longo da tarde e da noite. A xornada comezará ás 17:00 horas coa recepción dos grupos participantes, para dar paso ao inicio dos cantos ás 18:30. O percorrido prolongarase ata as 21:30 horas, momento no que rematarán as actuacións, e posteriormente terá lugar unha cea de confraternidade arredor das 22:00 horas.

Cada grupo realizará un itinerario por entre tres e catro bares colaboradores, cun tempo de actuación estimado de entre 30 e 40 minutos en cada establecemento. A organización establece un máximo de dez persoas por grupo e ofrecerá unha consumición por participante en cada local, ata un máximo de dez por formación.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de xuño. As persoas ou grupos interesados poden formalizar a súa participación a través do teléfono 660 780 964 ou mediante o correo electrónico festadasantamarina@gmail.com.

0.12048697471619