O Castañazo Rock confirma o cartel completo para a súa edición de 2026

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
Dez das mellores bandas de rock do panorama nacional subirán ao escenario do Castañazo os días 30 e 31 de outubro.
Imaxe do Castañazo Rock
18 May 2026

O festival O Castañazo Rock vén de presentar o cartel da súa edición de 2026, que se celebrará os días 30 e 31 de outubro no Mercado Gandeiro.

O evento reunirá unha ampla programación de concertos con propostas de diferentes estilos dentro da escena rock, punk e mestizaxe. Entre os artistas confirmados figuran Moscow Death Brigade, Tremenda Jauría, Rebeliom do Inframundo, Kaotiko, Kúspide, Grande Amore, Sons of Aguirre & Scila, Neomak, Kumpania Algazarra e Los Cerdos de Atar.

A organización dá así por pechado o cartel musical dunha nova edición do festival, que volverá converter o Mercado Gandeiro nun punto de encontro para o público afeccionado á música en directo durante esas dúas xornadas de finais de outubro.

0.11931610107422