A SD Chantada organiza unha festa para celebrar o ascenso a Preferente

A SD Chantada organiza unha festa para celebrar o ascenso a Preferente
Será este sábado 30 de maio no mercado gandeiro
Chantada prepárase para vivir unha xornada festiva para celebrar unha tempada que cualifican de inesquecible e na que os ascensos logrados serán motivo de encontro e celebración para toda a veciñanza e afección.
O evento terá lugar este sábado 30 de maio no mercado gandeiro de Chantada, a partir das 14.30 horas, cun programa pensado para toda a xente que quere compartir o peche da tempada nun ambiente festivo e participativo.
A celebración contará con comida popular a base de pancetada e costela, ademais de barra de bebidas, foodtrucks, música en directo e sesión vermú. A presentación da xornada correrá a cargo de Perita, que exercerá como speaker da festa.
As actuacións musicais e todas as actividades serán de acceso libre e gratuíto, mentres que unicamente se cobrará a comida. O prezo será de 5 euros en venda anticipada e de 10 euros na billetería.
Dende a organización destacan o carácter aberto do evento, pensado para a afección, a vila e todas as persoas que apoiaron ao equipo ao longo da tempada.