Os participantes do obradoiro Serra do Faro X crearán unha nova zona verde na rúa Concepción Arenal

RibeiraSacraXa
A intervención permitirá converter o espazo nunha área recreativa con zonas axardinadas, bancos, parque infantil e elementos biosaludables, ademais de melloras en accesos, iluminación e estacionamento
proxecto-concepcion-arenal-chantada
3 Jun 2026

O Concello de Chantada, en colaboración cos municipios de Carballedo e Taboada, puxo en marcha unha nova edición do obradoiro dual de emprego Serra do Faro, que alcanza xa a súa décima convocatoria.

O programa reúne 20 participantes que durante nove meses recibirán formación en tres especialidades: atención sociosanitaria a persoas dependentes, traballos de albanelería en urbanización e acabados, e xardinaría e mantemento de zonas verdes. A actividade formativa combínase con prácticas en distintos espazos reais dos tres concellos participantes.

No caso de Chantada, as actuacións centraranse na recuperación dunha parcela situada na rúa Concepción Arenal, onde se prevé crear un novo espazo público. A intervención permitirá transformar o terreo nunha zona verde equipada con árbores, bancos, área infantil e elementos biosaludables, ademais de melloras nos accesos, na iluminación e nas zonas de estacionamento.

O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, explicou que “Se habilitará este espacio como área recreativa con árboles, bancos, parque infantil y aparatos biosaludables. La obra incluye mejora de acceso a viviendas, plazas de estacionamiento y las luminarias correspondientes. Recuperaremos este espacio para el ocio de los vecinos”.

O proxecto inclúe tamén a actuación noutro punto do casco urbano, no cruzamento da rúa do Comercio coa avenida de Monforte, onde se substituirán superficies de formigón por pedra e vexetación co obxectivo de mellorar a integración paisaxística da contorna histórica.

Ademais destas intervencións, o obradoiro desenvolverá traballos de mellora noutros espazos públicos como o Monte de San Lucas, o entorno do pavillón municipal, o paseo fluvial e o parque de Eloísa Rivadulla, entre outros.

O módulo de atención sociosanitaria impartirase nas instalacións municipais de Chantada, mentres que as prácticas se realizarán na residencia de maiores de Carballedo.

0.12279319763184