Aberto o prazo de matrícula para novo alumnado na Casa da Música de Chantada

RibeiraSacraXa
A oferta formativa do próximo curso abrangue máis de 25 disciplinas diferentes como acordeón, violín, baixo eléctrico, trompeta ou baile galego
Casa-da-Musica-Chantada
9 Jun 2026

A Casa da Música de Chantada abriu o prazo de matrícula para o novo alumnado de cara ao curso 2026-2027, unha oferta formativa que abrangue máis de 25 disciplinas diferentes.

A programación inclúe especialidades como acordeón, violín, baixo eléctrico, trompeta ou baile galego, entre outras propostas musicais e artísticas dirixidas a distintos perfís de alumnado.

A inscrición está aberta a persoas de todos os niveis, sen importar a experiencia previa. A elección de horarios realizarase en función da orde de inscrición, polo que desde a organización recomendan formalizar a matrícula canto antes para dispoñer de maiores opcións de adaptación á axenda persoal.

0.14002203941345