Escolares de Chantada participaron nunha charla para prevenir o acoso escolar

RibeiraSacraXa
Á sesión asistiron arredor de 100 nenos e nenas, que asistiron a unha charla impartida por Héctor Méndez, garda civil e psicólogo
charla-bullying-chantada
9 May 2026

Esta semana, o Auditorio Municipal de Chantada foi escenario dunha actividade informativa centrada na prevención do acoso escolar, dirixida ao alumnado de entre 8 e 11 anos dos centros educativos do municipio. A xornada celebrouse poucos días despois do 2 de maio, data na que se conmemora o Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Na sesión participaron arredor de 100 nenos e nenas, que asistiron a unha charla impartida por Héctor Méndez, garda civil e psicólogo. Acompañárono na actividade Xurxo Novoa, psicólogo, e Iñaki Baltar, educador social do Concello de Chantada, que contribuíron a explicar de maneira didáctica como detectar, previr e actuar fronte ás situacións de bullying.

Durante o acto destacouse tamén a implicación do alumnado, especialmente o do CEIP Eloísa Rivadulla, que elaborou diferentes pancartas con mensaxes de sensibilización contra o acoso escolar.

Desde a organización agradeceron a participación das crianzas e do profesorado, así como a colaboración na iniciativa, que forma parte do Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Chantada, integrada no Plan Director de Convivencia Escolar e financiada pola Unión Europea.

0.14875411987305