A asociación feminista Polamiúda organiza un acto en Chantada para conmemorar o Día das Letras Galegas

RibeiraSacraXa
O sábado terá lugar unha lectura pública de ‘Circe ou o pracer do azul’ de Begoña Caamaño na Praza do Cantón
begona-caamano
13 May 2026

A asociación feminista Polamiúda organiza este sábado 16 de maio unha actividade en homenaxe a Begoña Caamaño, autora á que se dedican as Letras Galegas 2026. A iniciativa consistirá nunha lectura pública e compartida da súa obra Circe ou o pracer do azul, considerada unha das pezas de referencia do feminismo galego.

O encontro terá lugar na Praza do Cantón de Chantada e comezará ás 11.00 horas. A actividade estenderase ao longo de toda a xornada, coa participación aberta da veciñanza.

Dende a organización convidan ás persoas da comarca a achegarse tanto para ler como para escoitar a obra, nunha proposta que busca poñer en valor a figura da escritora e fomentar a participación cultural e comunitaria arredor da súa produción literaria.

0.11636090278625