A Feira de Primavera de Luíntra celebrarase este sábado

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A organización informa de que, no caso de mal tempo, a feira quedará aprazada para o 17 de maio
feira-primavera
Actualizada el 1 mayo 2026, 13:14 horas
29 Apr 2026

Nogueira de Ramuín acollerá o vindeiro sábado 2 de maio a súa Feira de Primavera, unha cita pensada para dinamizar a vida local e ofrecer unha xornada de lecer para todas as idades.

O evento terá lugar na praza de Luintra en horario de 10:30 a 18:00 horas. Ao longo do día, as persoas asistentes poderán gozar de postos locais con produtos variados, artesanía feita a man e doces caseiros. Ademais, haberá diferentes propostas dirixidas ao público infantil, como talleres, colchonetas gratuítas e sesións de conta contos.

A organización informa de que, no caso de mal tempo, a feira quedará aprazada para o 17 de maio, mantendo o mesmo formato.

A Feira de Primavera está organizada pola ANPA do CEIP de Luintra e conta coa colaboración do Concello de Nogueira de Ramuín e da Asociación Sementes.

0.12357902526855