A ANPA do CEIP Luintra prepara unha Feira do Outono con artesanía, doces e a actuación de Paco Nogueiras

RibeiraSacraXa
A xornada celebrarase o 12 de outubro de 10.00 a 16.00 horas e incluirá postos de artesanía, produtos caseiros e artigos de segunda man
feira-do-outono
30 Sep 2026

Luintra, en Nogueira de Ramuín, acollerá o próximo 12 de outubro unha nova edición da Feira do Outono, unha proposta organizada pola ANPA do CEIP Luintra coa colaboración do Concello.

A actividade desenvolverase entre as 10.00 e as 16.00 horas e contará con diferentes postos nos que se poderán atopar pezas de artesanía feita a man, doces caseiros e artigos de segunda man.

A programación incluirá tamén unha actuación de Paco Nogueiras, prevista para as 11.30 horas.

As persoas interesadas en instalar un posto poden inscribirse desde hoxe e ata o 8 de outubro a través do teléfono 680 979 743, contactando con Laura. A organización advirte de que, en caso de mal tempo, a celebración quedará cancelada.

0.14996695518494