"Danza no Claustro" porá fin á programación de verán do mes de xullo en Nogueira de Ramuín

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O Verán Cultural continuará en agosto con concertos, cine ao aire libre, humor e actividades para todos os públicos
programa-veran-nogueira-de-ramuin
26 Jul 2026

O Verán Cultural de Nogueira de Ramuín continuará a súa programación coa celebración de "Danza no Claustro", un espectáculo que terá lugar o vindeiro 31 de xullo ás 20.00 horas no Mosteiro de Santo Estevo.

A proposta servirá para pechar a programación do mes de xullo e dará paso a unha axenda de actividades culturais e de lecer que se desenvolverán ao longo de agosto en diferentes espazos do municipio.

O 7 de agosto, tamén ás 20.00 horas e no Mosteiro de Santo Estevo, será a quenda do concerto de Amancio Prada.

A programación continuará o 8 de agosto coa Festa Xove, que incluirá inchables a partir das 18.30 horas na Praza de Luíntra.

O cine ao aire libre regresará o 13 de agosto co pase da película "Rondallas", previsto para as 22.15 horas no espazo do antigo Policlínico.

Ao día seguinte, o 14 de agosto, o Mosteiro de Santo Estevo acollerá ás 21.00 horas o monólogo do humorista David Perdomo.

A música volverá ser protagonista o 20 de agosto, cando o grupo Gin Toni's ofrecerá un concerto ás 23.00 horas en Luíntra.

A programación estival concluirá o 22 de agosto coa Festa Fin de Verán, que se celebrará a partir das 17.00 horas na Piscina Municipal, poñendo o broche final ás actividades organizadas polo Concello para os meses de verán.

0.12385702133179