O Concello de Nogueira de Ramuín aprázase a Andaina Solidaria 2026 pola previsión de mal tempo

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A camiñada, prevista para este sábado, queda pospoñida sen data fixa ante o risco que as condicións meteorolóxicas poderían supor para os participantes
andaina-monte-toca-samos
Imaxe de arquivo ilustrativa
19 Nov 2026

O Concello de Nogueira de Ramuín decidiu aprazar a ‘Andaina Solidaria 2026’, a camiñada benéfica que tiña previsto celebrarse este sábado, 21 de novembro. A actividade queda pospoñida ata nova data, que se anunciará máis adiante.

Segundo explicou a organización, a medida responde ás previsións meteorolóxicas adversas para esa xornada, que poderían comprometer a seguridade de quen ía tomar parte na camiñada.

O consistorio indicou que se porá en contacto directamente con todas as persoas que xa formalizaran a súa inscrición para lles informar do aprazamento. Así mesmo, sinalou que o proceso de inscricións se reabrirá no momento en que se fixe a nova data para a celebración do evento.

Dende o Concello lembran que calquera persoa interesada en ampliar información ou resolver dúbidas sobre esta actividade pode dirixirse ao Departamento de Cultura municipal, a través do teléfono 988 201 023.

0.17192792892456