A Escola de Moura acolle a exposición fotográfica ‘MIMESIS’, de Néstor Davis

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A mostra abriu as súas portas esta pasada fin de semana cunha notable asistencia de público e poderá visitarse os sábados e domingos, de 18.00 a 20.00 horas
inauguracion-mostra-nemesis-moura
13 Oct 2026

A Escola de Moura, en Nogueira de Ramuín, inaugurou a exposición fotográfica ‘MIMESIS’, do fotógrafo Néstor Davis, cunha boa resposta por parte do público. A apertura permitiu ás persoas asistentes achegarse á obra do autor e coñecer a proposta artística da mostra.

‘MIMESIS’ permanecerá aberta os sábados e domingos, de 18.00 a 20.00 horas, na Escola de Moura. Quen desexe concertar unha visita noutro horario pode contactar co autor a través do seu perfil de Instagram, @nestor_davis, ou chamar a Loli no teléfono 677 120 508. A exposición conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura e do Concello de Nogueira de Ramuín.

0.14941906929016