Derradeiros días para apuntarse ao XIII Campus de Voleibol Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
O campus, dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto en Monforte de Lemos
voleibol_ribeira_monforte
13 Aug 2026

O Club Fluvial de Monforte de Lemos abre os derradeiros días de inscrición para o XIII Campus de Voleibol Ribeira Sacra, unha actividade pensada para que os máis novos desfruten dunha semana combinando deporte, diversión e novas amizades.

A actividade desenvolverase nas instalacións de A Pinguela e o Club Fluvial, do 24 ao 28 de agosto, en horario de mañá, de 10.00 horas a 14.00 horas. Está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, sen necesidade de experiencia previa na disciplina.

O prezo de inscrición é de 40 euros, e inclúe unha camiseta de regalo para cada participante. Ademais, as familias que inscriban un segundo fillo ou filla poderán beneficiarse dun 50 % de desconto na súa matrícula.

A organización lembra que as prazas son limitadas, polo que anima ás familias interesadas a formalizar a inscrición canto antes. Para obter máis información ou realizar a inscrición, poden contactar a través dos teléfonos 629 511 213 ou 629 683 164.

0.12479496002197