O Torneo de Golf Concello de Monforte cumpre 25

A tenente de alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada, fixo entrega na tarde deste domingo, 16 de agosto, dos trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte, celebrado no Club de Golf Río Cabe coa participación de 44 xogadores.
A competición foi organizada polo Club Deportivo Río Cabe Golf, que conta coa colaboración do Concello de Monforte para a celebración deste torneo, que alcanza xa os 25 anos de historia.
Durante a entrega de premios, Gloria Prada felicitou todas as persoas participantes e, de maneira especial, os gañadores das distintas categorías. A tenente de alcalde tamén confirmou a aposta do Equipo de Goberno polo deporte.
A clasificación final do torneo quedou encabezada na categoría scratch por Eduardo Varela Puga, primeiro clasificado con 36 puntos, resultado de par, mentres que Fran Varela González ocupou a segunda posición tamén con 36 puntos e par.
Na categoría hándicap, Alejandro Varela González foi o gañador, con 37 puntos. O segundo posto foi para Adrián Álvarez Rodríguez, con 36 puntos, seguido de Isabel Piñeiro Barreiro, tamén con 36 puntos. Vicente Sanjurjo García rematou cuarto, con 35 puntos, e J. Antonio Soengas Vázquez ocupou a quinta posición, igualmente con 35 puntos.
Gloria Prada foi a encargada de entregar os trofeos e agasallos ás persoas gañadoras da competición.