O Club Lemos conquista o Torneo Festas Patronais de Monforte

O Club Lemos proclamouse gañador do Torneo de Fútbol Festas Patronais de Monforte 2026 tras superar este sábado ao C.D. O Barco por 3-1 no estadio municipal de fútbol da Pinguela.
O encontro comezou ás 19.00 horas e reuniu numeroso público, que seguiu con emoción o duelo entre os dous equipos. A cita serviu tamén para comprobar a evolución do Lemos durante a súa preparación de cara ao inicio da competición ligueira.
Ao remate do partido, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, foi o encargado de entregar os trofeos ao campión e ao subcampión.