O Campionato de Pesca Infantil e Xuvenil reúne en Monforte novos afeccionados durante as Festas Patronais

RibeiraSacraXa
Manuel Rodríguez e Lucas Pavón lograron os primeiros postos nas dúas categorías dunha competición organizada polo Club de Pesca Río Cabe
Premiados-grupo-pesca-festas-patronais-monforte-2026
9 Aug 2026

A pesca volveu formar parte da programación das Festas Patronais de Monforte coa celebración, este domingo, do Campionato de Pesca Infantil e Xuvenil, unha actividade organizada polo Club de Pesca Río Cabe coa colaboración do Concello.

A competición desenvolveuse durante a mañá na zona da Míllara e reuniu rapaces e rapazas divididos en dúas categorías segundo a súa idade. A xornada caracterizouse, segundo a organización, polo elevado número de capturas, o que permitiu aos participantes desfrutar dunha mañá especialmente activa á beira do río.

Unha vez rematada a competición, a Área Recreativa de Ribas Altas acolleu a entrega de trofeos. O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou no acto acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, para recoñecer aos participantes que acadaron as primeiras posicións.

Na categoría de 9 a 12 anos, Manuel Rodríguez conseguiu o primeiro posto, seguido de Pablo Somoza, que foi segundo, e César Fernández, que completou o podio coa terceira posición.

Pola súa banda, entre os participantes de 12 a 18 anos, Lucas Pavón proclamouse vencedor. Iago Delafuente conseguiu o segundo premio e Mateo Fernández clasificouse en terceira posición.

O campionato permitiu así achegar unha vez máis a práctica da pesca ás xeracións máis novas dentro das actividades das Festas Patronais, combinando a vertente deportiva cunha xornada de convivencia e lecer no entorno do río Cabe.

0.11769199371338