A Gala da Maxia encheu a Praza de España de Monforte nuncha noite chea de ilusión

Monforte de Lemos volveu converter a súa praza principal nun gran escenario ao aire libre. Este domingo, a Praza de España foi o punto de encontro de decenas de veciños e veciñas que se achegaron a gozar da Gala de Maxia, unha das propostas máis agardadas do programa de Verán Cultural que impulsa o Concello.
O espectáculo, que arrincou ás 22.30 horas, correu a cargo de tres recoñecidos ilusionistas: Iago, Rafa e Carlos Adriano, que combinaron trucos de maxia, xogos ópticos e malabarismos nunha velada marcada polo bo humor e a sorpresa constante.
Entre o público asistiu o alcalde de Monforte, José Tomé, xunto coa tenente de alcalde, Gloria Prada, e varios concelleiros e concelleiras da corporación municipal: José Luis Losada, José Manuel Mougán, Regina López e Miguel Tomé, que quixeron acompañar de preto esta cita cultural.
A gala súmase así ao calendario de actividades veraniegas que o Concello pon á disposición de toda a cidadanía de forma totalmente gratuíta, con propostas pensadas para todas as idades. O Verán Cultural continuará nas próximas semanas con novas citas ao aire libre en distintos espazos da localidade.