Os Escolapios celebran o día do su fundador, San José de Calasanz

RibeiraSacraXa
Celebraron unha misa á que asistiron representantes do goberno municipal
celebracion-san-jose-de-calasanz-escolapios-monforte
28 Nov 2026

O alcalde de Monforte, José Tomé, a tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Manrina Doutón, asistiron na tarde deste venres á misa celebrada na igrexa dos PP. Escolapios con motivo da conmemoración do Día de San José de Calasanz, patrón dos mestres.

Con esta asistencia, os representantes municipais quixeron acompañar á comunidade educativa do Colexio dos Escolapios de Monforte nunha xornada especialmente significativa para este centro, dedicada a lembrar a figura do seu fundador.

A celebración constitúe tamén unha oportunidade para recoñecer o labor que desenvolven diariamente os docentes e todos os profesionais do ámbito educativo. O Concello quixo sumarse así a esta conmemoración e trasladar o seu recoñecemento á comunidade educativa do Colexio dos PP. Escolapios de Monforte.

0.15566110610962