Ribas de Sil reivindica o brindo e a regueifa como parte da tradición oral do Courel

RibeiraSacraXa
Nuria das Cruces e Bieito Lobariñas protagonizaron unha actuación ten San Clodio, que contou tamén coa estrea de Tegra de TraloCouto como brindeira e regueifeira
xornada-brindo-ribas-de-sil
10 Oct 2026

O Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil acolleu unha actuación dedicada ao brindo e á regueifa, dúas manifestacións da tradición oral galega baseadas na palabra, a improvisación e a retranca. A actividade contou cunha boa presenza de público e estivo protagonizada por Nuria das Cruces e Bieito Lobariñas.

A xornada tivo ademais como protagonista a Tegra de TraloCouto, veciña do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e natural da aldea de Hórreos, en Folgoso do Courel. A súa participación supuxo a súa primeira actuación como brindeira e regueifeira, tras acudir como convidada ao encontro.

A actividade forma parte dun proxecto de cooperación entre os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel, os tres municipios que integran o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

A iniciativa está orientada á normalización lingüística e conta con financiamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O proxecto busca recuperar e divulgar expresións da tradición oral, promover o uso do galego e contribuír á transmisión do patrimonio cultural ás novas xeracións a través da colaboración entre os tres concellos.

0.19249892234802