O alumnado do CEIP San Clodio participa nun obradoiro de pasatempos en lingua galega

RibeiraSacraXa
A actividade, conducida pola escritora e docente Celia Díaz Núñez, combinou sopas de letras, cruzadas e outros xogos de palabras para fomentar o uso do galego entre os máis pequenos
Obradoiro San Clodio Ribas de Sil
19 Sep 2026

O alumnado do CEIP San Clodio tomou parte esta semana nun obradoiro de pasatempos en galego, unha actividade guiada pola escritora e docente Celia Díaz Núñez. Durante a sesión, os nenos e nenas traballaron con diferentes tipos de xogos de palabras, entre eles sopas de letras, cruzadas e un pasatempo de carácter colectivo, co obxectivo de aprender, pensar e divertirse ao tempo que se practicaba o idioma.

En concreto, elaboráronse tres modalidades de pasatempos: sete sopas de letras, sete cruzadas e un encrucillado colectivo, no que participou o conxunto do alumnado.

Esta actividade enmárcase dentro das accións de promoción e normalización da lingua galega que se están a desenvolver no territorio do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel. A iniciativa conta con financiamento a través dunha convocatoria de axudas destinada ao fomento do uso do galego nas entidades locais, presentada de xeito conxunto polos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.

Con este tipo de propostas búscase ofrecer ao alumnado ferramentas lúdicas que lles permitan familiarizarse co galego desde idades temperás, combinando a aprendizaxe co xogo e a creatividade.

0.16250109672546