Ribas de Sil mellora o acceso ao Castro de Abaixo cun investimento de 33.068 euros

RibeiraSacraXa
A actuación inclúe a construción dunha escollera e o ensanche e repavimentación do camiño cara á parte alta da aldea
ribas-de-sil-obras-castro-de-abaixo
8 Oct 2026

O Concello de Ribas de Sil iniciou as obras previstas no Castro de Abaixo para mellorar as condicións de acceso e a seguridade nesta zona da aldea.

A actuación contempla a construción dunha escollera, así como o ensanche e a repavimentación do camiño que comunica coas vivendas situadas na parte alta do núcleo.

Os traballos contan cun orzamento de 33.068,07 euros, financiado a través do convenio de colaboración establecido coa Deputación de Lugo.

O proxecto permitirá actuar sobre unha das vías de acceso ao núcleo e mellorar as condicións de circulación para os veciños e veciñas do Castro de Abaixo.

Con esta intervención, o Concello continúa coa execución de actuacións destinadas ao acondicionamento das infraestruturas e dos accesos nos diferentes núcleos de poboación do municipio.

0.15422391891479