Ribas de Sil celebrará esta fin de semana as festas de Peites con música, comida e tradición

RibeiraSacraXa
A celebración contará o sábado con misa, procesión, sesión vermú e baile, mentres que o domingo haberá unha comida popular e un campionato de tute
fogos-artificiais-festas
9 Oct 2026

A parroquia de Peites, en Ribas de Sil, celebrará os días 10 e 11 de outubro as súas festas, con dous días de actividades para a veciñanza e as persoas que se acheguen á localidade.

A programación comezará o sábado 10 ás 13.00 horas coa misa e posterior procesión, que estarán acompañadas pola actuación das Pandereteiras Xograres de Lemos. A continuación, ás 14.00 horas, terá lugar a sesión vermú. A xornada festiva continuará pola tarde, cunha sesión de baile prevista para as 20.00 horas.

O domingo 11 estará dedicado ao encontro arredor da mesa, cunha comida popular que se celebrará na Casa do Pobo. A xornada rematará cun campionato de tute por parellas.

0.15389895439148