Ribas de Sil suspende as festas patronais de San Clodio polo loito oficial tras o accidente de tren de Urda

RibeiraSacraXa
O Concello súmase ao loito decretado polo Goberno central os días 29, 30 e 31 de outubro e mantén unicamente o acto relixioso en honra ao patrón
lazo negro
29 Oct 2026

O Concello de Ribas de Sil decidiu sumarse ao período de loito oficial establecido polo Goberno de España para os días 29, 30 e 31 de outubro, a raíz do grave accidente de tren rexistrado na localidade toledana de Urda. Como xesto de dó e respecto cara ás persoas afectadas, as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta durante estas xornadas.

Esta medida leva consigo a suspensión das festas patronais de San Clodio 2026, así como de todas as actividades lúdicas e culturais que estaban programadas con motivo desta celebración. O único acto que se mantén en pé é a función relixiosa dedicada ao patrón, cuxa misa se celebrará ás 12.00 horas.

Dende o goberno local, o alcalde e o resto da Corporación Municipal quixeron trasladar o seu pesar polo sucedido, facendo chegar a súa solidariedade aos familiares e achegados das vítimas do sinistro, ademais de desexar unha pronta recuperación a quen resultou ferido. O municipio súmase así ao sentimento de consternación compartido por numerosas localidades do país nestes días de loito.

0.16344618797302