Eventos
Ribas Pequenas prepara as súas festas en honra á Virxe dos Remedios para o 7 e 8 de setembro
A parroquia vivirá dúas xornadas de celebración con paellada popular, orquestra, misa cantada, procesión e verbena para festexar á súa patroa
Quiroga acollerá unha nova edición do QuiMedo o vindeiro 24 de outubro
O Concello prepara unha nova xornada de casas do terror con personaxes caracterizados, ambientacións de pesadelo e prazas limitadas para os participantes
Monforte reunirá en setembro a preto de 350 afeccionadas ao encaixe de palillos no IV Encontro de Palilleiras
A xornada contará cunha trintena de asociacións e dez postos especializados na Explanada da Compañía
O Folión de Carros volve encher Chantada de tradición con 13 carros e milleiros de espectadores
A celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e Ben de Interese Cultural, estivo acompañada polo pregón do escritor Xosé Miranda Ruíz
Catro días para gozar dos libros, os autores e as actividades para toda a familia na Feira do Libro de Monforte
A XXVII Feira do Libro celebrarase do 26 ao 29 de agosto na rúa Cardeal, con sete casetas, sinaturas de escritores, presentacións, espectáculos e un 10% de desconto nos libros
Teilán celebrará as festas na honra a San Salvador os días 5 e 6 de agosto
A parroquia de Bóveda contará con pancetada popular, actos relixiosos e verbenas amenizadas polo Dúo Estrellas, a orquestra Salsarena e o Dúo Eclipse
Sergi López celebra no Pazo de Tor os 20 anos da Rede Museística Provincial cun encontro sobre cinema e creación
O actor compartiu a súa traxectoria artística e a súa experiencia xunto ao director lucense Oliver Laxe nunha xornada que reivindicou o Pazo de Tor como escenario de referencia para a sétima arte
A Gala do Deporte de Monforte recoñece aos mellores deportistas do ano
A undécima edición do evento reuniu a deportistas, clubs e autoridades na Casa da Cultura Lois Pereiro, onde o Concello destacou o investimento de máis de 154.000 euros no deporte local durante 2026
Os Peares celebrará a súa II Festa Sen Fronteiras para reivindicar a unión veciñal
Será do 29 ao 31 de maio, con actuacións musicais na praia fluvial dos Peares, nun espazo situado na propia fronteira natural entre as provincias de Lugo e Ourense
A Concentración Mototurística de Chantada cumpre 12 anos este mes de abril
Será os días 10, 11 e 12 e o prazo para inscribirse xa está aberto
A IV Xornada da Carballesa regresa a Seceda o 25 de abril
Organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, a iniciativa busca preservar esta variante da muiñeira que tradicionalmente se interpretaba e bailaba en parroquias como Eiriz, O Carballal ou Seceda, así como no Val do Incio
Taboada celebra o Entroido este luns con música, premios e festa infantil
O Concello repartirá ese ano máis de 600 euros en premios ás mellores comparsas e disfraces
O Oso de Salcedo volverá saír este luns para celebrar o Entroido
As celebracións comezan este mesmo sábado cunha función de teatro e un concerto a cargo de Malenne e Alma DJ
O Entroido de Sober vivirá o seu día grande este sábado co Desfile de Comparsas e o XVIII Baile da Cachucha
O Concello repartirá este ano un total de 2.000 euros en premios
A Xunta colabora un ano máis coa celebración do Entroido de Salcedo
As celebracións arrancarán o próximo sábado e estenderanse até o martes
A Pobra de Trives prepárase para o XXI Desfile de Folións dos Labregos
Será o vindeiro 8 de febreiro polas rúas da vila
O Fulión volve a Manzaneda para celebrar o Entroido
O día grande será o martes 17 de febreiro, coa ronda de fulións
Eventos
O Saviñao xa ten programa para o Entroido 2026
O día grande será o martes 17 de febreiro co tradicional Desfile de Disfraces
O XXVI Rally de Reis 2026 chega este domingo a Allariz, Xunqueira de Espadanedo e Vilar de Barrio
A proba, organizada pola Escudería Clásicos Ourense, constará dun total de 11 tramos e dun percorrido global de 120,52 quilómetros
A etapa raíña do Gran Camiño percorrerá Ourense de Xinzo a Xunqueira de Espadanedo
O ciclismo de máximo nivel regresa á provincia o 17 de abril
A Feira do Viño de Chantada xa ten datas para a súa edición de 2026
A feira, que cumpre este ano 43 anos de historia, celebrarase os días 6,7 e 8 de marzo
A III Festa do Cocido de Porco Celta e Mostra de Artesanía da Ribeira Sacra volve a Carballedo o 11 de abril
Como novidade, este ano terá lugar unha Festa do Cabalo
A Asociación Cultural A Caniceira leva á Pobra de Trives a súa función “Tempos mellores”
A representación terá lugar este domingo con motivo dos actos conmemorativos do 20 aniversario da asociación
O Entroido de Budián regresa á parroquia de San Román de Acedre o 15 de febreiro
A xornada está organizada pola Asociación Cultural Entroido de Budián, en colaboración coa AVV de San Román de Acedre e co apoio do Concello de Pantón e a Deputación de Lugo










