Santa Cruz de Brosmos celebra as súas festas patronais o 22 e 23 de agosto

RibeiraSacraXa
A localidade soberense prepara dúas xornadas con música, ruta en bicicleta, andaina, xogos populares, inchables, fútbol, pancetada, concurso de sobremesas e verbena
festas_sober_2026
18 Aug 2026

Santa Cruz de Brosmos, no concello de Sober, celebra os próximos días 22 e 23 de agosto as súas festas patronais, organizadas pola Asociación de Veciños de Santa Cruz de Brosmos coa colaboración do Concello de Sober e a Deputación de Lugo.

A xornada do sábado 22 de agosto comezará ás 09:30 horas coa Ruta Santa Cruz Bike 2026 e unha andaina, organizadas por Biciracing, que percorrerán os encantos da Ribeira Sacra. Ás 13.00 horas terá lugar a ofrenda aos músicos da Banda de Santa Cruz de Brosmos, coa pregoeira Lisa Pérez López, seguida ás 13:30 horas da procesión e a misa. Ás 14.00 horas actuará a Banda de Música de Sober.

Pola tarde, a partir das 18.30 horas, desenvolveranse xogos populares e inchables, ademais dun partido de fútbol interxeracional. Xa pola noite, ás 21.00 horas, celebrarase unha pancetada acompañada dun concurso de sobremesas, e ás 22.00 horas comezará a festa verbena, coa actuación do dúo Son de Festa e a actuación estelar do Dj Porfirio de Armenteira.

O domingo 23 de agosto, a festa comezará ás 10.00 horas cunha alborada a cargo do grupo de gaitas Os Texeiras. Ás 13.30 horas celebrarase unha nova procesión e misa, coa participación do grupo O Trícole.

0.13659715652466