O Magosto Mañente de Pantón entra na súa recta final de inscricións

RibeiraSacraXa
As persoas que queiran sentar á mesa o vindeiro 31 de outubro en Campo Redondo teñen de prazo ata o luns 26 para apuntarse
castañas-magosto-recurso
Imaxe de arquivo ilustrativa
23 Oct 2026

Pantón prepara unha nova edición do Magosto Mañente, a cita gastronómica e festiva que o vindeiro sábado 31 de outubro encherá Campo Redondo a partir das 14.30 horas.

A xornada incluirá un menú con entremeses, costela asada, chourizos criollos, sobremesa e chupitos, ademais dunha partida de bingo e unha mesa doce para amenizar a tarde. A música correrá a cargo do Dúo Trazos.

Os prezos da entrada mantéñense en 15 euros para socios, 20 euros para non socios e 6 euros para os nenos.

O prazo de inscrición remata luns 26 de outubro, ás 00.00 horas.

0.13898086547852