O Saviñao prepara a súa festa de Samaín con atraccións infantís e propostas gastronómicas

RibeiraSacraXa
O pavillón da localidade reunirá inchables, coches de choque e un túnel do terror, entre outras propostas pensadas para todos os públicos
Samaín 2026 O Saviñao
22 Oct 2026

O Concello do Saviñao ten previsto para o vindeiro domingo 1 de novembro unha festa de Samaín dirixida a todas as idades, que se desenvolverá en Escairón. A cita terá lugar no pavillón da localidade a partir das 17.00 horas.

O programa combina propostas gastronómicas e de lecer. Entre as actividades previstas figuran "perritos" quentes e palomitas, ademais de chocolate con churros para quen busque un plan máis tranquilo. Para os máis pequenos instalaranse inchables e coches de choque, mentres que os asistentes que prefiran unha experiencia máis propia destas datas poderán adentrarse nun túnel do terror.

A xornada completarase cunha zona de tatuaxes de temática terrorífica e un photocall, pensado para que os participantes poidan levar un recordo gráfico da xornada.

0.1528160572052