Sober perpara as Festas do Carme, que arrincan esta semana

RibeiraSacraXa
O concello prepárase para catro días de música, teatro, procesións e unha paellada popular, do 18 ao 21 de setembro
Festas do Carme Sober
14 Sep 2026

A conta atrás xa está en marcha. Este venres 18 de setembro Sober dá o pistoletazo de saída ás súas Festas do Carme 2026, catro xornadas que combinarán lecer, tradición e gastronomía en distintos puntos do municipio.

O programa abrirase co III Torneo de Catán, ás 20.00 horas, e continuará pola noite co Truck Tour de A Gramola, ás 23.00 horas.

O sábado 19 será unha das xornadas máis intensas, con pasarrúas e vermú a cargo do Grupo Mallou, misa solemne ás 13.00 horas e, xa pola tarde, a función familiar 'A viaxe feliz de Ramón San Fiz', de Fantoches Baj, na Praza do Toural ás 19.30 horas. Esa mesma tarde, ás 20.30 horas, o Centro Sociocultural acollerá a presentación do curtometraxe 'Cara de cona', de Guillermo de Oliveira. A música tomará o relevo con Alma Latina, ás 21.30 horas, e coa actuación de Óscar Ibáñez & Tribo a partir das 23.00 horas.

O domingo 20 terá un marcado carácter tradicional, con pasarrúas da Banda de Música de Sober, procesión e misa cantada xunto ao Coro Berea ás 13.00 horas, e o tradicional concerto-vermú ás 14.00 horas. A xornada musical pecharase pola noite con Panorama City, ás 21.00 horas.

O peche chegará o luns 21, con misa na Igrexa Nova ás 12.30 horas e, como colofón, a gran paellada xigante e gratuíta que preparará o cociñeiro José Arias ás 20.30 horas, amenizada polo Dúo Estrellas.

0.15720987319946