Teilán celebrará as festas na honra a San Salvador os días 5 e 6 de agosto

A parroquia de Teilán, no concello de Bóveda, celebrará os vindeiros 5 e 6 de agosto as súas festas na honra a San Salvador cun programa que combinará gastronomía, actos relixiosos e música para todas as idades.
A programación arrancará o mércores 5 de agosto ás 22.00 horas cunha pancetada veciñal, que servirá como punto de encontro para os asistentes antes da verbena, que estará amenizada polo Dúo Estrellas.
Os festexos continuarán o xoves 6 de agosto, día grande das celebracións. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne na honra a San Salvador, seguida da tradicional procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, que correrá a cargo da orquestra Salsarena.
Xa pola noite, a música volverá ser a protagonista cunha gran verbena amenizada pola orquestra Salsarena e o Dúo Eclipse, que porán o broche final ás festas de Teilán.
A comisión organizadora anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nestas celebracións, que cada verán reúnen a numerosos asistentes arredor da tradición, a convivencia e a música.