O Monte Cido acolle unha nova edición do Campo de Voluntariado

Xa deu comezo unha nova edición do Campo de Voluntariado no Monte Cido, unha iniciativa que reúne a mozos e mozas para colaborar na conservación e difusión deste espazo de interese histórico e cultural.
Durante os próximos días, as persoas participantes desenvolverán diferentes tarefas no asentamento do Monte Cido, contribuíndo á protección e posta en valor dun patrimonio ligado á historia do territorio.
A actividade busca fomentar a participación xuvenil e o coñecemento do patrimonio local, implicando aos voluntarios e voluntarias na conservación dun legado que forma parte da identidade da zona.
Desde o Concello de Folgoso agradecen que as persoas participantes escolleran este territorio para vivir a experiencia e colaborar no coidado dun patrimonio compartido.