Folgoso do Courel celebra este sábado unha nova edición da Festa da Cultura e a Tradición

Folgoso do Courel acollerá mañá, sábado 18 de xullo, unha nova edición da Festa da Cultura e a Tradición, unha xornada que combinará actividades deportivas, artesanais e de recuperación de xogos populares.
A programación dará comezo ás 16.30 horas coa celebración da Baixada de Carrilanas, unha proba que terá a súa saída desde o antigo colexio e a chegada na Praza de Fondo de Vila.
Entre as 17.00 e as 21.00 horas, o programa incluirá actividades artesanais no marco de Mans Artesás 2026 da Deputación de Lugo, con unha demostración de talla de madeira e un obradoiro de pintura téxtil.
Xa ás 18.00 horas, o Souto da Carroza será o escenario dos campionatos de xogos tradicionais, con probas como o lanzamento de boina, a chave, a billarda, o corte con tronzón ou o arrebolamento de sacho.
A entrega de trofeos aos participantes terá lugar ás 20.00 horas, antes do peche da programación cun concerto no Souto da Carroza a partir das 21.00 horas.
A Festa da Cultura e a Tradición ofrecerá así unha xornada dedicada á cultura popular, a artesanía e os xogos tradicionais para desfrutar do patrimonio e das tradicións de Folgoso do Courel.