Artesanía de Galicia regresa ao Courel cunha nova edición de obradoiros entre o 5 e o 9 de agosto

RibeiraSacraXa
A sexta edición do programa incluirá formacións de cerámica, ourivería, ebanistería, tecido e traballos con vimbio en Folgoso do Courel e Parada
artesania-barro
20 Jul 2026

O Courel acollerá do 5 ao 9 de agosto unha nova edición de Artesanía de Galicia no Courel, un programa que chega este ano á súa sexta edición coa celebración de diferentes obradoiros artesanais.

As actividades, que se desenvolverán nos lugares de Folgoso do Courel e Parada, ofrecerán formación en distintas técnicas tradicionais e creativas a través de propostas como iniciación ao torno cerámico, iniciación á ourivería, técnicas de ebanistería, elaboración dun tallo encordado, tecéndo o Chal das Danzas e máscaras e aldeas de vimbio.

As persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente, xa que as prazas son limitadas. As inscricións poden formalizarse a través do apartado de formacións da plataforma de Artesanía de Galicia.

0.13657188415527