A Escola de Música Moderna do Xeoparque Montañas do Courel celebra o seu festival de fin de curso en Quiroga

RibeiraSacraXa
O concerto terá lugar este xoves 25 de xuño no Auditorio Municipal e incluirá un repertorio con temas de diversos estilos e artistas
concerto-escola-musica-xeoparque
24 Jun 2026

A Escola de Música Moderna do Xeoparque Montañas do Courel celebra este xoves, 25 de xuño, o seu festival de fin de curso no Auditorio Municipal de Quiroga, a partir das 20:30 horas.

O espectáculo reunirá alumnado da escola nunha actuación na que se interpretará un repertorio variado con versións de diferentes estilos musicais e artistas. Entre os temas programados figuran “Don’t Look Back in Anger” de Oasis, “Piensa en mí” de Luz Casal, “Lead Boots” de RSL, “Loviú” de Sandra Valero e “Miedo” de M Clan.

Tamén se incluirán interpretacións de “Memoria da noite” de Luar na Lubre, “Fuxan os ventos” de Brazos pra seitura, “A pomba dourada” de Cristina Pato, así como “Dale vieja, dale” e “La Bamba”, ambas a cargo de Hispanis Band.

O concerto supón o peche do curso da escola e unha mostra do traballo desenvolvido polo alumnado ao longo do ano.

0.12951397895813