Aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Verán Concilia Courel 2026

RibeiraSacraXa
As actividades desenvolveranse do 6 de xullo ao 28 de agosto con propostas de lecer, convivencia e aprendizaxe para nenos e nenas de 3 a 16 anos
campamento-Folgoso-do-Courel
29 Jun 2026

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán Concilia Courel 2026, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos que busca ofrecer un espazo de convivencia, lecer e aprendizaxe durante os meses de verán.

O campamento desenvolverase entre o 6 de xullo e o 28 de agosto, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas, con actividades adaptadas ás distintas idades das persoas participantes.

Entre a programación prevista inclúense festas de disfraces, obradoiros, xincanas, excursións e outras propostas de lecer, así como unha saída ao Aquapark de Cerceda.

A organización informa de que o número de prazas é limitado a 10 participantes e establece prioridade para as persoas empadroadas no Concello. Ademais, haberá servizo de transporte entre Seoane e Folgoso.

En canto aos prezos, fíxase unha cota de 15 euros ao mes para persoas empadroadas, 20 euros ao mes para non empadroadas e 10 euros ao mes no caso de irmáns.

As inscricións poden formalizarse no Concello de Folgoso do Courel ou a través da sede electrónica. Para máis información, están dispoñibles os teléfonos 982 433 001 e 648 782 839.

0.12794494628906