Folgoso do Courel acolle este xoves o espectáculo familiar “A fada que non sabía ser fada”

Folgoso do Courel acollerá este xoves, 19 de agosto, o espectáculo de teatro musical “A fada que non sabía ser fada”, unha proposta da compañía Trémola Teatro dirixida a todos os públicos.
A representación terá lugar ás 19.00 horas na Praza do Concello de Folgoso do Courel e ofrecerá unha tarde de teatro, música e diversión para desfrutar en familia.