Meiraos celebrará o 15 de agosto as súas festas na honra de Santa María con música durante toda a xornada

A parroquia de Meiraos, no Concello de Folgoso do Courel, celebrará o vindeiro 15 de agosto as festas na honra de Santa María cun programa que combinará os actos relixiosos coa música ao longo de toda a xornada.
A celebración comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne, seguida da tradicional procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, que estará amenizada pola Orquestra Alabama.
Xa pola tarde, celebrarase unha nova misa ás 19.00 horas. Desde as 20.00 horas continuará a programación musical coa sesión de tarde, tamén a cargo da Orquestra Alabama.
A verbena arrancará ás 00.00 horas coa actuación da Orquestra Alabama e do grupo Los Kobraos. A festa prolongarase posteriormente coa sesión da Disco Móbil Chocolate.